Na materia abordaremos o tempo libre e a experiencia do ocio, tomando en consideración diferentes variables (idade, xénero, socioculturais, diversidade funcional, etc.) e a súa incidencia. Coñeceremos a pedagoxía do ocio como área de traballo da educación social, así como factores e recursos a ter presentes na súa intervención. Promoverase a experiencia práctica e o diálogo con profesionais. Preténdese que o alumnado comprenda o ocio como dereito e como unha das dimensións de calidade de vida das persoas, integrando o traballo con esta dimensión nos diferentes ámbitos de exercicio profesional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías