Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e políticas de emprego | Código | 652G03031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Mapa conceptual | O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos en toda a materia. Este mapa será dixital. |
Análise de fontes documentais | O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula, especialmente realizará unha consulta diaria do DOG para realizar o exercicio de análise das políticas de emprego. Dentro desta análise se inclúe a situación da profesión de educación social e a perspectiva de xénero nestas políticas. |
Discusión dirixida | O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral. Esta discusión pode ser levada a cabo tanto na aula como a través da plataforma teams. |
Portafolios do alumno | O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. O portafolio será dixital. |
Traballos tutelados | O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor. A aula poderá ser física ou virtual, segundo as circunstancias sobrevidas. Os traballos presentaranse de forma dixital. |
Lecturas | O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia. Identificarase prexuízos e actitudes sexista nas políticas de emprego. |
Sesión maxistral | O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas. As clases expositivas serán impartidas a través de teams. |
Seminario | A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos |
Presentación oral | O alumnado exporá o resultado da análise das políticas de emprego a través da simulación dunha entrevista de traballo. Esta presentación poderá ser na aula física ou virtualmente a través de teams, segundo as circunstancias sobrevidas. |
Actividades iniciais | O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase |