| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas | Código | 652G03035 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Aprendizaxe colaborativa | Tanto nas sesións expositivas como interactivas proporanse actividades en pequeno grupo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe mutua (planificación conxunta, comunicación multidireccional, etc.). |
| Discusión dirixida | O profesorado guiará o debate sobre diversas temáticas relativas ás adicións co obxectivo de promover o debate grupal, o intercambio de opinións e experiencias, etc. |
| Estudo de casos | Ao longo das sesións interactivas formularanse algunhas casuísticas relacionadas coa adición co obxecto de analizar en profundidade as súas causas, factores mantedores e consecuencias. |
| Portafolios do alumno | Cada estudante deberá recompilar todas as actividades propostas nas sesións interactivas nun dosier que entregará ao final do cuadrimestre, nunha data a sinalar polo profesorado. A entrega deste dosier é individual. |
| Proba mixta | Para a avaliación dos contidos abordados nas sesións expositivas o alumnado deberá efectuar unha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e outras de resposta curta (preguntas a respostar cunha palabra ou en poucas liñas, de completar, de poñer un exemplo, unha definición dalgún termo relevante, etc.). |
| Resumo | Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
| Sesión maxistral | As sesións expositivas serán desenvolvidas polo profesorado mediante presentacións en power point dos principais contidos de temario. |
| Solución de problemas | Entre as actividades propostas ao longo do curso, desenvolveranse algunhas nas que o alumando deberá aportar solucións a problemas formulados en relación ás adicións. |
| Simulación | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
| Análise de fontes documentais | Durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas proporcionaranse diversas fontes audiovisuais e escritas relacionadas cos contidos do temario co obxectivo de que o alumnado analice e comprenda os aspectos psicolóxicos e sociais implicados nas adicións. |