Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas | Código | 652G03039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Exposición verbal do traballo realizado, na que deberán participar todos os membros do grupo. |
Traballos tutelados | Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais. Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición. Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se nesta non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |
Aprendizaxe servizo | Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo. O alumnado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora. A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUSIVAS, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final. |
Proba de resposta múltiple | Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida. A proba establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia, é dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |