Un dos principais ámbitos de intervención profesional do/a educador/a social reside na Administración Local e as súas políticas activas. Coñecer os trazos definitorios (legais, competenciais, arbitrarios...) de dito contexto político-xeográfico é labor desta materia. Polo tanto, abordaremos aspectos tanto teóricos como prácticos que melloren a formación do alumnado interesado en achegarse ao labor dos municipios como axencias educativas e culturais. Mais tamén, desde unha visión integral e integradora, teremos moi en conta aos demais axentes educativos e culturais que fan comunidade.
Desde un enfoque preponderantemente práctico e pre-profesional, coñeceremos programas de aquelas adminsitracións máis proactivas e tamén doutos axentes locales.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías