Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A13 A14 A16 A24 Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº de erros x 0.25).
- A realización desta proba é obrigatoria e computa o 70% da nota final.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
70
Presentación oral A13 A14 A16 A24 A32 B7 B9 B17 B19 C1 C8 A presentación de cada actividade será avaliada pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación) e polo propio estudante (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre elos: contidos relevantes e claros; orde na exposición; claridade e corrección lingüística; capacidade de síntese das ideas fundamentais; coherencia no discurso, linguaxe non verbal e utilización do espazo; creatividade (presentación suxerente, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiras/os...); uso dos recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por iso que cada equipo establecerá unhas normas de autorregulación mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 10% da nota final.
10
Traballos tutelados A6 A13 A14 A16 A24 A25 A32 B7 B9 B16 B17 B19 C1 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos.
- A súa realización e obrigatoria e computa o 20% da nota final.
20
 
Observacións avaliación

 Criterios de avaliación 

1a Oportunidade: Para superar a materia, o alumnado deberá obter 5 puntos sobre 10 posibles (exposición oral 10%, traballo titorizado 20% e proba obxectiva 70%). 

2a oportunidade para alumnos asistentes, alumnos non asistentes e oportunidade avanzada: para superar a materia, o alumnado deberá obter 5 puntos dos 10 posibles na proba obxectiva (ponderación 100%), sendo a única actividade de avaliación. 

Finalmente, todos os aspectos relativos á dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC (/gl/normativa/academica/).