Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realizaráse ó final de curso e constituira o 80% da nota final
Sesión maxistral - Lección maxistral, onde se explicarán os fundamentos teóricos do curso
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e elaboración de memoria sobre distintas actividades de divulgación científica...
Prácticas de laboratorio Clases prácticas nas que os alumnos realizarán prácticas de EEG e potenciais evocados auditivos.
Realización de espirometrías



Aprendizaxe colaborativa - Seminarios nos que os alumnos desenvolverán traballos en grupos reducidos. Trátase de desenvolver a través da resolución de problemas aqueles aspectos mais importantes explicados nas sesión maxistrais.
A asistencia os seminarios é obrigatoria e a sua influencia na nota final da asignatura verase complementada pola participación do alumno, que será avaliada polas respostas ós problemas plantexados así como polas respostas, por escrito, a posibles preguntas prantexadas polo profesor.
-Co obxectivo de familiarizar ós alumnos no dominio do ingles, cumprindo unha das competencias transversais da titulación, farase a proposta o primeiro día de clase de facer un dos 3 grupos interactivos totalmente en inglés. Esta proposta levarase a cabo so se se reune un número mínimo de alumnos que permita o normal desenrolo dun grupo interactivo e ó mesmo tempo non afecte ós outros.

- Presentación de traballos por parte dos alumnos

Todos os traballos que conleven presentación de documentos enviaránse en formato electrónico de xeito telemático.
Lecturas Discusións sobre aplicacións prácticas da fisioloxía.