Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 O alumnado ademais de asistir as distintas propostas debe de participar, esta participación quedará reflexada en distintos documentos (por exemplo cadernos de prácticas, resolución de problemas, respostas a preguntas prantexadas na clase…) que serán avaliadas e valoradas pola profesora 10
Proba obxectiva A1 A7 A32 B1 B2 B7 Esta proba consistirá no 80% da nota final. 80
Aprendizaxe colaborativa A10 A29 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B12 B13 B14 B16 B17 B19 B20 B22 B24 C3 C6 Realización de traballos e exposición dos mesmos polo alumnado. 10
 
Observacións avaliación

Sistemas de avaliación: Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da nota final) e prácticas de laboratorio e aprendizaxe colaborativo (20%). 

Oportunidad adiantada: o 100% da nota final virá determinado pola nota obtida na proba mixta

A proba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:

Preguntas de ensaio: preguntas abertas de desenvolvemento.

preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas)

preguntas de ordenación

preguntas de resposta breve

preguntas de discriminación

preguntas de completar

preguntas de asociación.

Matrícula parcial: o estudiantado con matrícula parcial terá prioridade na escolla de grupo. 

Non presentado: Considerarase "non presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a proba mixtas.

Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que, obtendo cualificación de sobresaliente, teña as puntuacións máis elevadas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.