Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá, como máximo, un 10% da cualificación total da materia. 10
Proba mixta A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 Realizaranse varias probas de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. Cada proba consistirá na resolución de cuestións de diferentes tipos, p.ex. de relacionar, de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). En total, todas as probas terán un peso do 40% da nota final.

40
Análise de fontes documentais A2 A3 A8 A18 B1 B2 B3 C6 C3 A revisión e análise das lecturas e fontes documentais avaliarase a través das tarefas e actividades propostas tanto nas sesións expositivas como interactivas. A entrega en prazo e forma oportunas de todos os cuestionarios e exercicios realizados individualmente sobre as fontes documentais suporá, como máximo, un 10% da cualificación final. 10
Estudo de casos A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 A análise e resolución dos casos prácticos presentados nas sesións interactivas será o 25% da cualificación final da materia. 25
Traballos tutelados A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C6 C3 As tarefas e actividades propostas nas sesións expositivas e interactivas permitirán a (auto)avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Os traballos e comentarios realizados individualmente terán un peso do 15% na cualificación total da materia. 15
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS RELEVANTES: 

- Primeira oportunidade: Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba/s mixta/s (deben superarse cada unha das probas ou partes que a compoñen), estudos de casos (igualmente, deben aprobarse cada un dos estudos propostos), traballos tutelados (tamén deben superarse cada un dos traballos realizados) e portafolio (cualificación mín.5%). 

a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%).

b) Traballo individual (máx. 50%): Realización das probas escritas sobre os contidos da materia (40%), nas que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%).

c) Poderá optar a avaliación continua na primeira convocatoria, sen necesidade de presentarse a/s proba/s oficial, o alumnado que supere o traballo individual e grupal e teña unha asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%

d) O alumnado con dispensa académica realizará todo o traballo dun xeito individual pero serán as mesmas tarefas e actividades planificadas: proba/s mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio.

- Segunda oportunidade: A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria da primeira oportunidade (maio/xuño).

- Oportunidade adiantada: Os criterios, actividades de avaliación e o seu peso na avaliación global serán os establecidos como obrigatorios no resto de convocatorias: proba/s mixta/s (50%), estudos de caso e traballos tutelados (40%) e portafolio (10%).

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

2. Antes do remate do período de actividades lectivas presentaranse todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: é condición indispensable para presentarse a proba oficial tanto na primeira como na segunda oportunidade. Na convocatoria adiantada presentaránse unha semana antes da data establecida oficialmente. 

A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes de ponderación especificadas para cada unha de elas. 

3. O portafolio será presentado a máis tardar na data establecida para a proba oficial. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación do 50%, cómo máximo, da porcentaxe de ponderación establecida. 

4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.