Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A7 B2 B4 B6 B7 B20 B21 B23 Valorarase a análise dun problema concreto para chegar a unha decisión tomada mediante discusión.

O estudante sitúase ante un caso que lle describe unha situación real da vida profesional e deberá ser capaz de analizar unha serie de feitos referentes ao ámbito da linguaxe, debendo chegar a unha decisión razoada a través da discusión nun pequeno grupo de traballo.
20
Glosario A6 B7 B13 O estudante debe dominar a terminoloxía referida ás alteracións de base evolutiva 15
Presentación oral A6 A7 B2 B7 B13 B17 C3 C1 Valorarase o dominio e a claridade conceptual do tema, a corrección da linguaxe empregada e o emprego das novas tecnoloxías. 25
Proba de resposta múltiple A2 A6 A7 B2 B7 Realizarase un exame tipo test, con preguntas de opción múltiple das cales unha soa é a válida. Para o cálculo da nota final do test, os erros descontaranse do número total de acertos. 40
 
Observacións avaliación

ALUMNOS EN MODALIDADE
ASISTENTE. Considérase alumnado asistente cando se acuda ao 80% das sesións
expositivas e ao 80% das interactivas. A cualificación dos alumnos asistentes
engloba os apartados seguintes: Estudos de casos (20% da nota final), Glosario
(15%), Presentación oral (25%) e Proba de resposta múltiple (40%). Para superar
a materia a nota ha de ser dun mínimo de 5 en cada un dos apartados. As persoas
que non conten co 80% de asistencia farán o exame estándar pero con 10
preguntas máis. Poderase optar a matrícula de honor a partir de 9,5,
acreditando as razóns nun escrito dirixido á docente. 



ALUMNOS CON DISPENSA
ACADÉMICA. Deberán poñerse en contacto coa docente responsable da materia ao
iniciarse o curso e informar da súa circunstancia. Serán avaliados unicamente a
través dun exame que consta de dous partes: a) tipo test para avaliar o contido
teórico da materia (50% da nota final) e b) resolución dun caso dado para a
parte práctica (50%). Considerarase aprobado de 5 en adiante en cada unha das
partes, sendo preciso que se superen as dúas para superar a materia. Poderase
optar a matrícula de honor a partir de 9,5, acreditando as razóns nun escrito
dirixido á docente.

OS CRITERIOS
ESTABLECIDOS NESTA SECCIÓN APLICARANSE TANTO NA PRIMEIRA COMO NA SEGUNDA
OPORTUNIDADE.

PARA A CONVOCATORIA ADIANTADA SEGUIRANSE OS MESMOS CRITERIOS QUE PARA OS ALUMNOS CON DISPENSA.



Todos os aspectos
relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e
“fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”