Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A8 A9 A10 B2 B7 B16 C4 Realizárase un exame tipo test con preguntas de 3 ou 4 opcións de resposta sendo unha soa a valida. Restan erros. 40
Portafolios do alumno A8 A9 A11 B1 B2 B3 B6 B11 B13 B16 B17 B20 B21 B23 C1 C3 Elaboraráse un portafolio no que se incluirán os informes dos estudos de caso constituíndo o 60% da nota final. 60
 
Observacións avaliación

Coñecementos prácticos:

Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado no que se incluirán os informes dos estudos de caso constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos.  

Coñecementos teóricos: Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 40% da nota final. 

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible, de non ser o caso a materia consideraríase como non superada.

A 1ª , 2ª e 3ª oportunidade de avaliación terán as mesmas condicións.

Todos os aspectos relacionados coa " dispensa académica", "dedicación o estudo", permanencia" e "fraude académico" rexiranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC.