Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B24 Valora o aprendizaxe de coñecementos adquiridos sobre o tema e a capacidade de defendelos e expoñelos.
2.5
Análise de fontes documentais A8 A17 A26 Valora a capacidade de relacionar os coñecementos do alumno co contido do texto. 1.5
Traballos tutelados A17 A27 B16 B24 Valora a capacidade de elaboración de material de intervención para o futuro exercicio profesional. 10
Estudo de casos A8 A26 A27 B16 B24 Valora o aprendizaxe adquirido na resolución de casos clínicos plantexados durante as clases interactivas e expositivas. 2.5
Proba obxectiva A8 A17 A25 A26 A27 B1 B16 C6 Valora os coñecementos e destrezas adquiridas sobre a asignatura. 80
Resumo A8 A17 A25 A26 A27 B1 Valora a capacidade de síntesis dos aspectos fundamentais do contido da asignatura a nivel teórico e práctico. 3.5
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia é condición necesaria aprobar a Proba Obxectiva (exame), polo
que os traballos non puntuarán ata que o exame estea aprobado (polo menos un 5
sobre 10). A proba obxectiva (exame) supón o 80% da nota final,
puntuando tamén para a nota a presentación oral (2.5%), análise de fontes
documentais (1.5%), traballo tutelado (10%), estudo de casos (2.5%) e resumo
(3.5%).

Ademais
destes 6 aspectos (presentación oral, análise de fontes documentais, traballo
tutelado, estudo de casos, proba obxectiva e resumo), tamén poderá influír na
puntuación o grao de implicación do alumno na materia (asistencia,
participación, interese, destrezas adquiridas, etc.) podendo variar ata 0.15
puntos na nota final para aqueles que, superando o Exame Oficial, están
próximos ao momento de corte de cada cualificación.

A
asistencia ás clases é primordial para comprender a materia, máis aínda, ás
clases interactivas cuxo contido tamén é materia de exame e fundamental para a realización dalgúns traballos.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse #de acordo con a normativa
académica vixente da UDC.

ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:

1.     Aplicaranse estes mesmos criterios
avaliadores en todas as convocatorias (1ª, 2ª e convocatoria adiantada)

2.     Os traballos serán entregados na mesma
data por parte de todo o alumnado, caso de non entrega, non puntúan.

3.     O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será avaliado
cos mesmos criterios que o resto do alumnado tendo que levar a cabo os mesmos
traballos ainda que coa flexibilidade de que, aquéles traballos que sexan en grupo (presentación oral e traballo tutelado), poderán realizalos de xeito individual ou grupal con compañeiros na mesma situación ou integrarse co alumnado que asiste regularmente a clase. Ademáis, no caso da presentación oral, facilitárese que poidan realizala grabada a través de Teams en vez de presencialmente.