Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A12 A13 A15 A19 A20 Para superar a materia, o alumnado realizará unha proba obxectiva sobre os contidos da materia con preguntas de verdadeiro e falso, de elección múltiple, de ordenación de conceptos ou de resposta breve.
Con esta proba valorarase o dominio e asimilación dos contidos teóricos do programa e a súa aplicación á intervención da CAA.
Esta proba computa o 35% da cualificación final.



35
Traballos tutelados A8 A9 A19 A20 B4 B13 B18 B19 C3 C7 Coa realización dos traballos tutelados valorarase a adquisición de procedementos ou competencias de "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos prazos establecidos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interativas.
Os traballos tutelados computan o 30% da cualificación final.
30
Proba práctica A19 Con esta proba preténdse valorar as habilidades e as destrezas dos estudantes no uso dos sistemas non asistidos
A proba práctica computa o 35% da cualificación final e consiste:
1) no deletreo manual de palabras propostas
2) no uso da palabra complementada para recitar unha poesía, e
3) no uso da comunicación bimodal
35
 
Observacións avaliación

ALUMNADO DE 1ª MATRICULA (1ª e 2ª convocatoria) Observacións relevantes para a 1ª e 2ª oportunidade:

Para poder aprobar a materia é imprescindible superar cada unha das partes da avaliación(nota mínima de 5 na proba obxectiva e nota mínima de 5 na proba práctica) e a entrega de todos os traballos tutelados nas fechas sinaladas.

En caso de ter un non presentado nalgunha das probas da avaliación a calificación final será de non presentado/a (NP).

Tendo en conta o carácter presencial do título, será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%, pero se por causa sobrevida e xustificada o alumnado non asiste ao 80 deberánse entregar as tarefas da avaliación de xeito individual e por escrito además de realiar as probas seguindo os criterios de avaliación expostos.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación al estudio", "permanencia" e "fraude académico" se rexirán dacordo coa normativa académica vixente da UDC.

Non obstante, compre recordar que o alumnado con dispensa académica deberá entregar os traballos tutelados de xeito individual e por escrito, ademáis de realizar as probas obxectiva e práctica seguindo os criterios de avaliación expostos.

ALUMNADO DE 2ª MATRÍCULA E SEGUINTES

O alumnado que non sexa de 1ª matrícula pode optar por presentarse so a proba obxectiva e a proba práctica sempre e cando xustifique que por solapamento horario non pode asistir as clases expositivas e interactivas.  O valor das probas obxectiva e práctica suporán o 50%, respectivamente, da súa cualificación.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

O valor das probas obxectiva e práctica suporan o 50%  da súa cualificación.

POR ÚLTIMO:

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".