Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 C4 A entrega do traballo e a súa correcta realización poderá implicar ata un 45% sobre a nota do exame. 45
Proba obxectiva A2 B5 B7 C4 Proba obxectiva con tres alternativas posibles e unha correcta. Dous erros descontan un acerto. Terá un peso do 55% da nota 55
 
Observacións avaliación

Dependendo
da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir a
materia de “Dsenvolvemento cognitivo, social e da personalidade" que determinan dous
modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B: Avaliación Final.

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE
 

Modalidade
A. Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha
avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de
actividades prácticas realizadas en grupo co seguimento periódico
das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85%
das horas presenciais, en caso contrario deberase optar
pola modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levarase a cabo a
partir:

a/
Da presentación por escrito das actividades de grupo de cada un dos temas
(traballos tutelados) que suporán un máximo dun 35% da cualificación

b/
Da presentación oral das prácticas grupais que se indiquen e que suporán un máximo do 10% da
cualificación.

c/
A realización da proba obxetiva, coa nota mínima de 5.


A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos
elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.


Modalidade
. Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista
ao 85% das horas presenciais, alumnado repetidor ou con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
cualificación virá determinada por unha proba final escrita dos contidos
teóricos, e da realización individual e entrega dos traballos tutelados da materia.
La proba escrita terá un 70 % do peso na avaliación. O traballo tutelado terá un peso de 30 %.



CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE


-
Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto
de avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

-
Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o sinalado
para a 1ª oportunidade.


OUTRAS
CONVOCATORIAS

Nas
restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final. 

A dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.