Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada aprendiz na consecución tanto dos contidos teóricos como prácticos programados. Concretamente, no que respecta aos contidos traballados nas sesións interactivas, o alumnado debe realizar prácticas diferenciadas de acordo ás tres destrezas traballadas: expresión, comprensión e interacción. As destrezas de expresión e comprensión serán avaliadas cun 20%, respectivamente, e a de interación cun 15%. A entrega en prazo e forma oportunas de todas as prácticas suporá un 5% da cualificación total da materia. 60
Portafolios do alumno A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 A carpeta ou dossier individualizado do alumnado servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. De acordo as indicacións efectuadas na rúbrica de avaliación que será entregada ao inicio da materia, o portafolio que realizará cada aprendiz facilitará a avaliación continua do proceso de ensino e aprendizaxe, é dicir, que permitirá tanto a autoavaliación por parte do alumnado como a avaliación formativa por parte do profesorado. O feito de ter que presentar o portafolio ao remate da materia non implica, polo tanto, que a sua finalidade se limite a avaliación sumativa ou final (mín.35%). 25
Análise de fontes documentais A2 A3 A4 A5 A6 A7 A10 A14 A17 A20 A23 A30 C3 A revisión e análise das lecturas e fontes documentais propostas como introdución ou complemento ás sesións expositivas avaliaranse a través das reflexións e evidencias presentadas no portafolio do alumnado. De ser o caso, a entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 5% da cualificación total da materia. 15
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS RELEVANTES: 

Primeira oportunidade: Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas, polo que é necesario obter unha puntuación do 50% en cada unha das partes obxecto de avaliación. 

a) Prácticas a través do TIC (mín. 30%). Do mesmo xeito é preciso obter unha cualificación mínima do 50% en cada unha das destrezas comunicativas: puntuación mínima do 10% en expresión e comprensión de LSE, respectivamente, e do 7.5% na interación en LSE.

b) Portafolio (mín. 15%)

c) Poderá optar a avaliación continua na primeira convocatoria, sen necesidade de presentarse a proba oficial, o alumnado que supere as prácticas individuais e teña unha asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%

d) O alumnado con dispensa académica realizará todo o traballo dun xeito individual pero serán as mesmas tarefas e actividades planificadas a través das prácticas TIC.

- Segunda oportunidade: A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria da primeira oportunidade (xaneiro)

- Oportunidade adiantada: Os criterios, actividades de avaliación e o seu peso na avaliación global serán os establecidos como obrigatorios no resto de convocatorias: entrega das prácticas a través das TIC (60%) e dun portafolio no que se evidencie a análise realizada das fontes individuais (40%).

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

2. A data límite de entrega das tarefas e actividades propostas tanto para as prácticas a través do TIC como para a análise das fontes documentais será o ultimo día lectivo (1C para a convocatoria común e 2C para a extraordinaria). É obrigatorio entregalas todas e a súa cualificación será proporcional á data de entrega. Na convocatoria adiantada o prazo será unha semana antes da data establecida oficialmente. 

3. A data límite de entrega do portafolio será a data oficial do exame, tanto nas convocatorias comúns como extraordinarias. 

4. Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.