Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Inglés | Código | 653540016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | B4 C15 C16 | O alumnado realizará unha presentación oral do traballo. | 30 |
Traballos tutelados | B2 C14 | O estudante debe realizar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. | 40 |
Portafolios do alumno | B2 B5 | O alumnado realizará diversas tarefas prácticas ao longo do curso. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (portafolios do alumno, proxecto e presentación oral) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como se recolle no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": Calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. OPORTUNIDADE de XULLO: O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade deberá presentarse á oportunidade de xullo, debendo repetir as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado e proba oral (70%), e unha tarefa equivalente ás tarefas prácticas (30%). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Atención á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro. Igualdade de XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |