OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para
axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co V Plan de Acción do
Programa Green Campus (2023-2025):
- A entrega dos traballos
documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle,
en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en
papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara,
empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN:
-Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...)
-Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas |