Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B11 C1 C4 C7 C9 Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación.
Proceso 60%, con 3 entregas no decorrer da materia.
20% Análise argumentado sobre o sistema de saúde
20% Análise argumentado sobre os determinantes sociais da saúde
20% Análise argumentado das ocupacións implicadas
60
Proba mixta B4 B8 B9 B10 B12 Proxectos de investigación e artigos relacionados aos determinantes sociais da saúde. Realizarase unha proba mixta na que o estudantado evidenciará o seu coñecemento e aplicabilidade en relación aos contidos traballados na materia. 40
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.

Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de 2.5 (sobre 5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtidas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta.

Asemade, a docente responsable reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avalación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” y “fraude académico” rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.