1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e
cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do
Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se
realicen nesta materia:
a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte
informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando as diversas opinións sobre aos temas tratados, tanto da parte do profesorado coma do estudanado. 3.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |