Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A19 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B17 B28 B29 C4 C7 C8 Participación en clase e comentario do seminario-Cineforum e doutros materiais faciltados en función de criterios cuantitativos (frecuencia na participación) e cualitativos (pertinencia, madurez, coherencia e calidade expositiva). 20
Traballos tutelados A8 A15 A19 A20 A23 A24 A25 A34 B3 B4 B5 B6 B9 B17 B28 B29 C4 C7 C8 Terase en conta a capacidade de análise e de síntese, así como o grao de aplicación da teoría á práctica. Estes traballos poderán ser grupales e consistir na análise de casos. A unidade, a coherencia e a reflexión persoal ou colectiva serán os elementos a considerar de face a distinguir os mellores traballos. 30
Proba de ensaio A1 A8 A24 A34 B3 B4 B6 B9 B10 C7 C8 No exame valorarase o nivel de coñecemento dos contidos do programa. O profesor indicará os materiais necesarios para contestar ás preguntas. Salvo que o profesor dispoña outra cousa, será preciso aprobar a proba de ensaio para poder efectuar o promedio coas outras partes. 50
 
Observacións avaliación

O/a estudante que conte con algunha clase de dispensa académica deberá contactar canto antes co profesor responsable da materia para a asignación de tarefas individuais. De non ser entregadas as tarefas individuais no prazo establecido, só poderá optar a un máximo de 50 puntos sobre 100 pola realización da proba escrita na convocatoria ordinaria ou extraordinaria.

No caso de que se suspenda na convocatoria ordinaria, conservarase a nota dos traballos tutelados ata a oportunidade de xullo. Nesta convocatoria manteranse os mesmos porcentaxes de cualificación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade