Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A1 B1 B8 B9 B12 B13 B16 B17 B19 B23 B25 C1 C4 C6 C7 C8 Avaliación continua de Bases Anatómicas: realización de cadernos de traballo.
5
Proba obxectiva A2 A1 B1 B8 B9 B12 B13 B16 B17 B19 B23 B25 C1 C4 C6 C7 C8 EXAME FINAL DE BASES ANATÓMICAS: 50% da nota final.
Consistirá en dúas partes:

Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

EXAME FINAL DE CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL: 20% da nota final.
70
Proba de resposta múltiple A2 A1 B8 B12 Avaliación continua de Bases Anatómicas. Probas periódica tipo test sobre unidades temáticas da materia.
10
Proba oral A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 Exame final de Cinesioloxía Ocupacional.
Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos.
15
 
Observacións avaliación

ANATOMÍA HUMANAGrao de Terapia Ocupacional

ORGANIZACIÓN DA MATERIA.A materia está dividida en dúas partes:

  • Anatomía Humana (6 ECTS; profesores: Isaac Manuel Fuentes Boquete, Silvia María Díaz Prado)
  • Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS; profesores: Sergio Santos del Riego e José Ramón Meilán Devesa)
  • Responsable da materia: Profa. Silvia María Díaz Prado.

Ao inicio do curso académico, explicarase ao alumnado a organización da materia e os criterios de avaliación.

AVALIACIÓN DA MATERIA. Realízase da seguinte maneira:

  • Bases Anatómicas (Prof. Isaac Fuentes e Profa. Silvia Díaz): cun valor de 6,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
    • Avaliación continua: 1,5 sobre 6,5.
    • Exame final: 5,0 sobre 6,5.Para aprobar a Anatomía Humana, será necesario alcanzar un total de 3,25 sobre 6.5.
  • Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
    • Exame final escrito (Prof. Sergio Santos): cun valor de 2,0.
    • Exame oral práctico (Prof. José R. Meilán): cun valor de 1,5.

    O aprobado da materia ANATOMÍA HUMANA corresponde a 5,0 sobre 10.

    Para o cálculo da nota final da materia sumaranse as notas obtidas en cada parte da materia (Bases Anatómicas e Cinesioloxía Ocupacional), sempre que se obteña en cada parte como mínimo o 80% do valor na nota de aprobado. Así, para este cálculo da nota final da materia é preciso obter:

    • Bases Anatómicas: un mínimo de 2,6 (80% de 3,25).
    • Cinesioloxía Ocupacional: un mínimo de 1,4 (80% de 1,75).
    Avaliación de Bases Anatómicas en detalle.
    • Avaliación continua de Bases Anatómicas.- Terase en conta:
    • Realización dos cadernos de prácticas (cun valor de 0,25 por cada caderno). Os cadernos publícanse en MOODLE.
    • Probas de resposta múltiple en datas programadas, sobre unidades temáticas da materia (cun valor de 1,0). Estes exames tipo test teñen a mesma estrutura, grao de dificultade e modo de avaliación que a proba tipo test do exame final.
    • Exame final de Bases Anatómicas (cun valor de 5,0).- Consistirá en dúas partes:
    • Proba tipo test (cun valor de 2,5). Consiste de 24 a 48 preguntas. Cada pregunta conta con catro sentencias, das cales só unha é correcta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta. O aprobado está no 60% de respostas correctas.
    • Exame preguntas cortas (cun valor de 2,5). Consiste de 5 a 10 preguntas curtas.

    Avaliación de Cinesioloxía Ocupacional en detalle.

    • Exame final escrito de Cinesioloxía Ocupacional (cun valor de 2,0).
    • Exame oral práctico de Cinesioloxía Ocupacional (cun valor de 1,5). Consistirá na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular. Poderase incluír unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a manobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. O profesor publicará, previamente á data oficial de realización do exame correspondente, un documento co lugar e horario de realización do exame que corresponda a cada alumno/a.

    ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL

    Na realización de probas de resposta múltiple, en caso de non poder realizalas nas datas programadas, se procurará acordar datas alternativas para a súa realización.

    ALUMNADO QUE CONTE CUNHA ADAPTACIÓN CURRICULAR CONCEDIDA POLA UNIDADE DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UDC

    Cando esta adaptación recolla a dificultade para a realización de probas escritas, estas serán substituídas por probas orais. Así mesmo, seguirase cada unha da recomendacións da citada unidade para a avaliación deste alumnado.

    IMPORTANTE:

    Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación a estudio” , “permanencia” e “fraude académico” se rexirán de acuerdo coa normativa académica vixente da UDC.