Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A12 A9 A8 A2 A19 A20 A26 A27 A28 A29 B1 B3 B5 B8 B10 B12 B15 B16 B29 B31 B36 Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. 25
Proba mixta B9 B13 B23 B25 B26 C1 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 60
Sesión maxistral A2 A1 B4 B14 B24 B37 C4 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
10
Lecturas A2 A1 A9 A25 B12 B16 B23 B24 C2 C7 Conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non se presente á Proba mixta e/ou que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua.

Para superar a materia o alumnado deberá superar todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Para aprobar cada metodoloxía, débese alcanzar o 50% da súa cualificación máxima. No caso de que unha metodoloxía estea suspensa, non se sumarán as notas do resto de metodoloxías, e a cualificación para esa oportunidade corresponderase coa nota da metodoloxía suspensa. No caso de que haxa varias metodoloxías suspensas, a cualificación será a da metodoloxía suspensa coa nota máis elevada.

As Prácticas de laboratorio son obrigatorias. No caso de ausencia non xustificada ás Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, vixentes na actualidade).

Os aspectos e criterios que se terán en consideración para avaliar as distintas actividades son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, a coherencia dos contidos abordados, a expresión oral e escrita, e os coñecementos demostrados.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.

A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.