Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Prácticas I/653G01110

Materias que continúan o temario
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204

Observacións
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

5.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.