Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 A9 A20 A33 B3 B4 B10 B23 B29 B36 Valorarase a actitude e participación: actitude colaborativa (implicación co grupo nas tarefas e no desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (aos participantes do grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); responsabilidade (consigo mesmo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe). A asistencia é obrigatoria e só se pode faltar de forma xustificada a unha sesión.
A asistencia á metodoloxía de eventos científicos será valorada nesta metodoloxía.
35
Proba mixta A2 A1 A8 A9 A20 B3 B4 B10 B13 B25 B26 C1 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno/a (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos, así como a integración de conceptos). 35
Estudo de casos A2 A7 A9 A20 B1 B23 B29 C1 Valorarase o informe do proceso de terapia ocupacional realizado ao longo da materia, articulando a teoría e a técnica abordada na mesma. O emprego da literatura actualizada será importante, así como a súa debida xustificación no estudo de caso proposto. 30
 
Observacións avaliación
O sistema de
cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co
establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de
setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9 = Suspenso; 5-6.9 = Aprobado; 7-8.9 =
Notable; 9-10 = Sobresaínte; 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado, non se presente ás actividades de
avaliación establecidas para o curso académico. En ausencia de regulación
específica, considerarase "non presentado" cando: a) non complete a
avaliación continua segundo a guía docente, ou b) non se presente á proba do
período oficial de avaliación. A consideración de NP non consume convocatoria.

Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria ás
prácticas de laboratorio, podendo faltar como máximo a unha sesión xustificada (consultar a normativa vixente da universidade na que se inclúen as situaciones que se poden xustificar).
Para aprobar a materia, o estudante debe participar activamente, entregar todos
os traballos e superar todas as metodoloxías de avaliación. Os estudantes deben
asistir a eventos científicos como o Ciclo de Conferencias en Terapia
Ocupacional 2024: 25 anos de historia da Terapia Ocupacional na Universidade da
Coruña.

Será necesario obter unha cualificación mínima de 1,75 (sobre
3,5) na proba mixta e nas prácticas de laboratorio, e de 1,5 (sobre 3) no
estudo de casos. É necesario aprobar todas as metodoloxías para
superar a materia. En caso contrario, a nota será a da proba mixta. As notas
das outras metodoloxías serán consideradas na segunda oportunidade (xullo), se
están aprobadas e a proba mixta superada.
Segundo a
norma de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), os estudantes con matrícula a
tempo parcial teñen dereito a asistencia flexible e a solicitar dispensa
académica especial (art. 4, apartado 5), se non afecta negativamente á
avaliación. As Comisións Académicas da UDC concretan o alcance desta dispensa.
A concesión da flexibilidade dependerá da valoración da comisión académica do
Grao de Terapia Ocupacional, considerando as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.

A fraude nas
probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na
convocatoria correspondente, tanto na primeira oportunidade como na segunda,
cunha nota numérica de 0. Modificarase a cualificación na acta da primeira
oportunidade, se é necesario.

Todos los aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación al estudio", "permanencia" y "fraude académica" se regirán de acuerdo con la normativa académica vigente en la UDC