Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas II | Código | 653G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos. Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia. |
Estudo de casos | Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Saídas de campo | Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades e competencias relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida, a análise de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención. Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas polas/os docentes e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma, en función do rotatorio. Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia. |
Simulación | Consiste na representación dun fenómeno (de natureza física, técnica ou psicolóxica, ou social, entre outros) que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse á persoa ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. |
Aprendizaxe servizo | Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. En función do rotatorio de prácticas que o alumnado escolla, as docentes ofrecerán ao alumnado oportunidades para participar nesta metodoloxía en colaboración con diferentes entidades sociais. As actividades serán explicadas ao alumnado ao inicio da materia. O aprendizaxe servizo estará relacionado co resto de metodoloxías, concretamente coas saídas de campo. |
Portafolios do alumno | Consiste na elaboración dunha síntese comprensiva e reflexiva sobre a actividade práctica desenvolvida durante o rotatorio. Realizarase de xeito grupal. |
Lecturas | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia. Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia. |