Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas II | Código | 653G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 | Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos traballos a entregar e actividades programadas. | 5 |
Estudo de casos | A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas | 10 |
Aprendizaxe servizo | A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Esta metodoloxía empregarase para avaliar a adquisición de destrezas para a intervención no ámibito comunitario, en equipos de traballo e en coordinación con profesionais e institucións de iniciativa social. (*)Aqueles rotatorios que non teñan esta metodoloxía, a puntuación será asinada á metodoloxía de saída de campo, que pasaría a ser sobre 50. |
10 |
Saídas de campo | A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Empregarase esta metodoloxía para avaliar as actitudes e habilidades dxs estudantes na práctica en entornos comunitarios, na atención directa aos usuarios e/ou equipos de traballo. Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañadxs polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía. | 40 |
Simulación | A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | A través desta metodoloxía valoraranse as atitudes ehabilidades de cara a planificar e abordar unha intervención, así como a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. | 25 |
Portafolios do alumno | A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Metodoloxía empregada como peche do resto de metodoloxías, que pretende evidenciar a integración dos contidos actitudinais e aptitudinais traballados na actividade práctica. Cada grupo exporá na sesión final da materia (sesión grupal) o portafolios elaborado por elxs de xeito comprensivo e reflexivo durante o rotatorio. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Na presente guía faise unha distribución aproximada das metodoloxías e do sistema de avaliación de cada unha delas: a materia está composta por cinco rotatorios planificados de xeito homoxéneo, pero con condicionantes e características particulares, de cara ao seu desenvolvemento e tamén á súa avaliación. É posible que todas as metodoloxías non estean presentes en todos os rotatorios, ou alomenos non coa mesma intensidade. A docente de cada rotatorio porá a disposición do estudantado a información sobre o rotatorio durante a primeira sesión grupal da materia EPII (como exemplo, é posible que non se contemple a metodoloxía APS en todos os rotatorios, polo que será avaliada como saídas de campo). A avaliación da materia será competencia da docente responsable do rotatorio de cada estudante. A información necesaria estará a disposición dxs estudantes na primeira sesión da materia e o longo do rotatorio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (por A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA AO 100% DAS HORAS. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de Polo tanto, para a superar a materia será necesario asistir a todas as sesións presenciais de prácticas. De non asistir, o/a estudante non poderá superar a materia, e non poderá facer entrega dos traballos solicitados. En caso de querer superar a materia, ao non asistir as metodoloxías presenciais, o estudante terá que cursar a asinatura na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, É obligatorio facer entrega e aprobar todos os traballos solicitados. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra(Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |