Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A12 A19 A34 B3 B6 As demáis metodoloxías e contidos da materia veranse reflexados e serán avaliados a través da realización de obradoiros específicos vinculados ás temáticas da materia.
Análise reflexivo e argumentativo (visual, oral ou escrito) sobre os obradoiros e a súa repercusión no propio proceso de aprendizaxe: dereitos humanos; cidadanía global; determinantes sociais da saúde e estigma; comunidade e diversidade.

50
Aprendizaxe servizo A4 A5 A12 A17 A18 A19 A34 B37 B36 B33 B31 B26 B14 B13 B5 B4 B3 C1 C4 C7 Neste proxecto de aprendizaxe servizo, o alumnado poñerá en práctica todo o contido teórico da materia.
Volta á comunidade de orixe. Acción sensibilizadora no centro educativo previo á UDC. Alianzas para a transformación social e a promoción de ocupacións significativas para a poboación adolescente dos centros educativos gallegos.
50
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puidese establecer.

Todos os
aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación al estudo,
“permanencia” e “fraude académico” rexiranse de acordo coa normativa académica vigente de la UDC.