Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Sistema Impositivo e Fiscalidade da Empresa | Código | 660G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A4 A16 A24 A27 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B12 B13 B14 C3 C5 C6 | Asistencia e particpación nas sesións teóricas. | 10 |
Proba obxectiva | A31 B1 B2 B3 B4 B12 B14 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple con erros penalizadores (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. | 50 |
Solución de problemas | A1 A4 A16 A24 A27 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B12 B13 B14 C3 C5 C6 | Prácticas entregables semanalmente relacionadas coa exposición teórico-práctica de docente. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación 1a Oportunidade. No desenvolvemento da parte práctica (traballo/proxecto en equipo) (40% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica. Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10. Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación. O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida no traballo/proxecto) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente. En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico. PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria. |