Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía | Código | 661G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A sesión maxistral vai ser a técnica docente habitual,co apoio de medios audiovisuales e exposición de casos prácticos,pretendendo favorecer a implicación e participación do alumnado,pólo que a asistencia é fundamental |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Análise de fontes documentais | Revisión de hemeroteca, libros, artigos publicados en revistas científicas e filmes documentais, co que se pretende promover a análise crítica de temas relacionados co contido do programa. |
Proba obxectiva | Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso. As preguntas de ensaio son de desenvolvemento aberto. As preguntas obxectivas son de resposta múltiple. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |