Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 "Metodoloxía de Investigación Cualitativa":
O traballo tutelado realizado como actividade de grupo será entregado previamente á súa exposición.
A nota representará o 80% da cualificación total desta parte da materia.
24
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 "Metodoloxía de Investigación Cualitativa":
Proba escrita con preguntas tipo test e/ou curtas relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e aprendizaxe colaborativa.
A nota representará o 20% da cualificación total desta parte da materia.

"Metodoloxía de Investigación Cuantitativa/Bioestatística":
A proba escrita constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, coas lecturas e cos problemas expostos no desenvolvemento da materia.
A nota representará o 50% da cualificación total desta parte da materia.
41
Solución de problemas A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 "Metodoloxía de Investigación Cuantitativa/Bioestatística": Realizaránse probas de coñecemento ou boletíns de exercicios prácticos e/ou estudos de casos que se deben resolver de xeito individual ou en grupos mediante a aplicación dos coñecementos traballados e o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos.

Puntuarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema

Estas probas puntuarase de 0 a 10 puntos. A nota representará o 50% da cualificación total desta parte da materia.
35
 
Observacións avaliación

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:

• METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA (2 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 30% da nota final

• BIOESTATÍSTICA E METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 70% da nota final.

O criterio para a superación da materia é que cada un dos bloques sexan superados.

No caso de que a/o estudante non realice algunha das actividades da aprendizaxe solicitadas en cada unha das metodoloxías de avaliación, as devantidas actividades estas serán cualificadas con 0 puntos.

Se a/o estudante non superase algún dos bloques da materia na 1ª oportunidade, a nota que figurará será a correspondente á parte suspensa.

A cualificación final calcularase de acordo ao número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula: Nota final = 0,3 * Nota Investigación Cualitativa + 0,7 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestatística.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: A/o estudante deberá presentarse á avaliación daquelas metodoloxías non superadas na 1ª oportunidade.

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Proba mixta 80% (inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos). O traballo tutelado suporá o 20% da avaliación.

MATRICULA A TEMPO PARCIAL: As metodoloxías e porcentaxes a aplicar serán as mesmas. Na metodoloxía de solución de problemas e aprendizaxe colaborativo, as/oos estudantes deberán realizar as entregas propostas e as probas escritas durante o curso. As actividades e o traballo tutelado en investigación cualitativa poderá realizarse de xeito individual ou grupal, segundo acordo coa/o estudante.

FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental do Green Campus ", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.-Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.