| A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico 
establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que 
necesita a/o estudante para ser consumidor crítica/o da información 
científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias 
posteriores de 2º, 3º e 4º Grao de Enfermería as/os estudantes, de modo 
transversal, terán que facer uso das competencias adquiridas nesta 
materia. Será unha necesidade, nas materias subseguintes, profundar 
desde un enfoque práctico e clínico na capacidade da/o estudante para 
consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma,
 aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o precisen tomar 
decisións clínicas. 										 |