Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Estudio de casos (habitualmente en grupo) utilizando as modalidades de resolución de problemas e comprensión.

Presentación oral Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/ resultados dos traballos tutelados e os estudos de casos.
Proba mixta Proba escrita con 50 preguntas tipo test y 5 preguntas de resposta curta.
Cada pregunta tipo test terá 5 posibles respostas. Por cada 4 non acertadas, restarase unha acertada. O test puntuará o 60% da nota do exame. As preguntas curtas o 40%.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
Aprendizaxe colaborativa Actividade que desenvolverá a participación dos alumnos nun tema de actualidade sobre o que o profesor establecerá diferentes estratexias a defender nunha sesión presencial con interpelación dos diferentes grupos de traballo
Análise de fontes documentais Actividade na que os estudantes de forma autónoma realizarán unha busca e síntese de información presentando un protocolo de revisión da evidencia dun tema proposto polo profesor.
Seminario O seminario corresponde ás sesións semanais lectivas que non son a sesión maxistral. Agrupa o estudo de casos, a presentación oral, a aprendizaxe colaborativa, a análise de fontes documentais e os traballos tutelados.
Traballos tutelados Actividade na que os estudantes de forma autónoma afondan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.