Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A59 B2 B3 B5 B6 B16 C6 C8 C11 C12 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 15
Proba mixta A59 B2 B3 B8 -Proba escrita que constará de preguntas curtas e/ou tipo test relacionadas con contidos teóricos, casos prácticos, análise de fontes documentais, discusión guiada e traballo tutelado. As respostas erroneas contan negativo de forma que cada resposta erronea descontará 0,33.
-Puntuarase un mínimo de 0 e un máximo de 10.
60
Traballos tutelados A59 B2 B3 B5 B7 B8 B15 B16 C3 C7 C8 C11 -Será obrigatoria a realización do traballo tutelado. Esta metodoloxía desenvolverase entre 3-4 alumnos a partir dun tema proposto polo profesor. O traballo exporase ao resto do alumnado.
-A avaliación do traballo realizarase mediante unha rúbrica específica para o traballo e para a exposición oral que o alumnado terá especificado na plataforma Moodle.
-Puntuarase un mínimo de 0 e un máximo de 10
25
 
Observacións avaliación

-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudiantado debe aprobar, cunha nota de 5 sobre 10, tanto a metodoloxía evaluativa do traballo tutelado como a da proba mixta.

-Segunda oportunidade: Gardarase a nota da parte superada (aprendizaxe colaborativo, traballo tutelado o proba mixta). Terá que realizar a parte non superada (aprendizase colaborativo, traballo tutelado o proba mixta). A aprendizaxe colaborativa e o traballo tutelado farase mediante un traballo individual sobre unha temática proposta polo docente. A proba mixta será das mesmas características que na primeira oportunidade. Utilizarase as mesmas características e criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade. 

-Adianto de oportunidade: Realizarase un traballo tutelado individual dun tema proposto polo profesorado que terá unaha puntuación do 30% e realizarase unha proba mixta que terá unha puntuación do 70%. Deberá aprobar cada unha das metodoloxías de avaliacion, cunha nota de 5 sobre 10, para poder facer a media das duás partes.
-Alumnado con matrícula parcial: Os criterios de avaliación serán os mesmos que os alumnos con adianto de oportunidade.
-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.