Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos. Durante as clases tamén se requirirá a participación activa do alumnado coa realización de foros de discusión sobre algún tema específico e cuestionarios de coñecementos online.
Traballos tutelados Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas, solucións de problemas, análisis de casos, prácticas guiadas, debates, etc., asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. E preciso a elaboración de documentos breves, exposición na clase e participación e xestión de debates e deliberación.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación bibliográfica que utilizaranse o longo do curso para profundizar en diferentes temas e a súa lectura crítica. Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Presentación oral Será a exposición oral do traballo tutelado
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos. E resolución páctica dun caso clínico (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.