Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual e grupo pequeno de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos. No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo.
No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos. A asistencia a clase e a entrega dos estudos de caso en tempo e forma será obrigatoria.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.
O profesor comunicará ao estudantado as datas de asistencia obrigatoria con, mínimo, 15 días de antelación.
Cada estudo de caso puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A nota desta metodoloxía será a media ponderada dos casos realizados. Para a súa superación é preciso obter unha media de 5 sobre 10. A non asistencia sen causa xustificada e os estudos de caso non entregados avaliaranse con “0” puntos.
O Estudo de casos suporá o 15% da cualificación final.
15
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo no grupo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC).
A entrega na plataforma Moodle deberá realizarse en tempo e forma para poder ser avaliada.
O Traballo Tutelado puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final.
15
Proba mixta A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de casos clínicos, preguntas curtas e/ou tipo test relacionadas con contidos teóricos, lecturas, seminarios, estudo de casos e traballos tutelados.
A Proba mixta puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 70% da cualificación final.
70
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

A asistencia a clase será considerada positivamente na avaliación sempre que exista unha participación activa por parte da/o estudante e supere o 85% do total de horas presenciais. Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación.

Realizarase unha avaliación parcial mediante unha proba mixta das mesmas características descritas para a avaliación final. O alumnado que obteña unha cualificación inferior a 5 puntos se examinará de todos os contidos da materia na data oficial do exame da materia ao finalizar o curso.

MATRÍCULA ORDINARIA:

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita ás seguientes condicións:

  • será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta.
  • será necesario obter unha calificación mínima de 5 puntos nos estudos de casos.
  • será necesario obter una calificación mínima de 4,5 puntos no traballo tutelado.

2ª oportunidade: respetaranse as notas das partes superadas na 1ª oportunidade. A metodoloxía de proba mixta realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da 2ª oportunidade.

Criterios de avaliación da/o estudante con metodoloxías non superadas:

  • Proba mixta: 85% (inclúe preguntas relativas ao desenvolvemento dos traballos tutelados).
  • Estudo de casos: 15% (a/o alumna/o deberá resolver un novo estudo de caso que deberá ser entregado a través do Moodle coincidindo coa data oficial do exame da materia da 2ª oportunidade).

MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver e presentar o Traballo tutelado individualmente ou en grupo (previo acordo co docente) e realizar a Proba mixta. Nesta opción o Traballo tutelado suporá o 30% da avaliación e a Proba mixta o 70% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). 

DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES OBRIGATORIAS DE ESTUDOS DE CASO DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETOEn cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de carácter obrigatorio de estudos de caso sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna/o deberá desenvolver e presentar o Traballo Tutelado individualmente ou en grupo (previo acordo co profesor) e realizar a Proba mixta. O Traballo Tutelado suporá o 30% da avaliación e a Proba mixta o 70% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado).

ADIANTO DE OPORTUNIDADE:

  • Proba mixta 100% (inclúe preguntas relativas ao desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudos de casos).

A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e que houbese máis aspirantes que matrículas, prevalecerá a/o alumna/o que obtivese a maior nota na metodoloxía de estudo de caso e, de seguir persistindo a igualdade, a do traballo tutelado.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o alumna/o será cualificada/o con “suspenso” (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación no informe de primeira oportunidade, en caso de ser necesario.