Traballos tutelados |
Actividade na que os estudantes, de forma autónoma, profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade na que o/a estudante, a través da realización de actividades prácticas, adquire destreza nas técnicas e procedementos de enfermería. A asistencia é obrigatoria. |