Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Psicoloxía/661G01003
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Fisioloxía/661G01105
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031

Observacións
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.