Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A26 A27 A28 A29 A30 A33 B24 B22 B20 B18 B16 B13 B12 B11 B8 B6 B3 B1 C1 C4 C6 C11 C12 Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final.
15
Proba de resposta múltiple A26 A27 A29 A30 B3 B8 B16 B20 B24 C7 C10 C11 C12 A proba incluirá preguntas sobre os 5 bloques temáticos que compoñen a materia.

60
Traballos tutelados A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B8 B11 B13 B20 C1 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase entre 2-3 alumnos de xeito progresivo a partir dunha proposta validada pola docente. A avaliación dos traballos realizarase mediante unha rúbrica específica onde os aspectos a valorar serán:
- Presentación e estrutura: 1 punto o traballo escrito e 2 puntos a presentación oral
- Claridade e uso da terminoloxía científica: 2 puntos
- Capacidade de análise e síntese: 3 puntos
- Capacidade de crítica e achega persoal: 2 puntos
É obrigada a presentación oral do Traballo Tutelado (con apoio audiovisual) para que poida ser avaliado. A presentación oral será valorada mediante unha rúbrica propia. A entrega na plataforma Moodle e a presentación deberá realizarse en tempo e forma para poder ser avaliadas.
25
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten pola adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

MATRÍCULA ORDINARIA: A superación da materia está supeditada a que a Proba de Resposta Múltiple (PRM) e o Traballo Tutelado (TT) sexan superados de xeito autónomo polo alumno, que deberá acadar o 50% da nota máxima en cada unha deles. Para obter o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa (AC) é preciso asistir ás clases de grupo reducido e colaborar activamente co grupo alomenos no 80% das tarefas propostas. A nota final obterase sumando ás porcentaxes da PRM e do TT (sempre que estean superados) a porcentaxe obtida en AC, independentemente do seu valor. O aprobado acadarase cando a suma dos porcentaxes resulte igual o maior ao 50%. No suposto de que a PRM e o TT estean aprobados, pero non o AC  e a suma dos porcentaxes non alcance o 50%, neste caso o alumnado estará suspenso e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder alcanzar una nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes alcance o 50%.

A avaliación do TT e da AC está condicionada á participación e ao traballo en grupo, polo que se algún membro non supera esta condición no caso concreto do TT, deberá volver a entregalo e presentalo individualmente na segunda oportunidade (sendo autoridade do profesorado a asignación dun tema diferente se a situación o requira).

Na segunda oportunidade da materia respectarase a nota da PRM ou do TT (sempre que se superen na primeira oportunidade) e manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independentemente do seu valor) , cuxa porcentaxe se sumará á nota obtida nas outras dúas metodoloxías.

No caso de que o TT non fose aprobado na primeira oportunidade, o traballo entregarase o día sinalado para a segunda oportunidade da PRM a través de Moodle, realizándose a exposición oral máis tarde, pero sempre dentro do período establecido para a avaliación.

MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver e presentar o TT individualmente ou en grupo (previo acordo coa docente) e realizar a PRM. Nesta opción o TT suporía o 40% da avaliación e a PRM o 60% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). 

DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES DE APRENDIZAXE COLABORATIVA DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETO: En cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativa sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna deberá desenvolver e presentar o TT individualmente ou en grupo (previo acordo coa profesora) e realizar a PRM. O TT suporía o 40% da avaliación e a PRM o 60% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado).

ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Resposta Múltiple suporá o 100% da avaliación.

A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.