Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clinicas I | Código | 661G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | B7 B9 B10 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C4 C7 | -A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria no día e hora que corresponda -Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio ao longo do curso. -A falta de asistencia non xustificada a unha sesión práctica suporá un descenso de 1 punto na nota final da asignatura. -A falta de asistencia non xustificada a máis do 10% das prácticas de laboratorio supón a non superación da asignatura nesta convocatoria. -Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10. |
30 |
Simulación | A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C10 C12 | -A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria no día e hora que corresponda. -Consistirá en presentar ao estudantado situacións clínicas reais para valorar a súa capacidade na toma de decisións e a integración dos coñecementos científicos que a sustentan. Valorarase a habilidade na súa aplicación e a utilización correcta do material. -Cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. -É preciso superar, cunha nota de 5 sobre 10, catro das seis probas das simulacións para poder realizar a media desta metodoloxía avaliativa. A nota final da simulación será a resultante de facer a media ponderada das simulacións realizadas. -Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10. |
70 |
Observacións avaliación | |||
-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudantado debe aprobar, cunha nota de 5 sobre 10, cada unha das metodoloxías de avaliación da asignatura. -As partes superadas na 1ª oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade. -Non poderá acceder á 2ª oportunidade o alumnado que non supere a metodoloxía de prácticas de laboratorio por faltas de asistencia non xustificadas. A falta de asistencia a máis do 10% das prácticas de laboratorio supón a non superación da materia nesta convocatoria -2ª oportunidade: Simulación 100%. Utilizaranse as mesmas características e criterios ca na 1ª oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2ª oportunidade. -Estudantado con matrícula parcial: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, os criterios de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo. -Adianto de oportunidade: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. -A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. |