Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Fisioloxía/661G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica I/661G01034

Materias que continúan o temario
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTIBILIDADE  DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

NO CASO DE QUE A ENTREGA dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do/a seu/súa autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.