Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estadías Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia. Esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIOAMBIENTAL, IMPORTANCIA DAS PERSOAS E IGUALDADE DE XÉNERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle ou correo electrónico, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe non sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |