Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas V | Código | 661G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma. Estas prácticas desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias. Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña e as prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia). |
Lecturas | Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados. |
Simulación | Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que se se levase a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse o suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Estudo de casos | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante unha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión. |
Actividades iniciais | Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas. |