Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Prácticas clínicas
Lecturas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas das/dos estudantes e realizar o seguimiento dos coñecementos, habilidades e actitudes que estes deben acadar. Farase de xeito inidividualizado.

A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ao alumnado na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguemento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

A atención personalizada coas lectura realizarase de xeito individual e consistirá en orientar e guiar ao alumnado na interpretación dos textos. A documentación a revisar, relacionada coas materias teóricas cuxo coñecemento é relevante nos coidados críticos, será facilitada a través de Moodle e dinamizarase o aprendizaxe abrindo foros dirixidos co fin último de que haxa unha transferencia do coñecemento á práctica clínica.

A atención personalizada relacionada co Estudo de casos ten como finalidade orientar, de xeito individual, ao alumnado na interpretación correcta dunha situación real da vida profesional que debe describir e ser capaz de analizar en referencia a un campo particular do coñecemento.


Para realizar a atención personalizada de forma presencial, ou a través de Teams, respectarase o horario recollido na páxina web para as titorías, ou noutro horario previo acordo entre alumnado e docente. En todo caso é precisa a solicitude da titoría a través do correo electrónico da Universidade.

A atención personalizada tamén poderá realizarse a través de Moodle ou o correo electrónico da Universidade, según demanda do alumnado.