Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas V | Código | 661G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A62 B3 B6 B8 B9 B11 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | O alumnado presentará por escrito un estudo de caso de xeito individual. Sendo preciso que realice unha descrición pertinente e sexa quen de analizar a situación en relación a un campo particular do coñecemento, o cal será especificado polo profesorado. Para a avaliación empregaranse os seguintes criterios: Presentación e estrutura: 2 puntos Descrición do caso: 2 puntos Analise do caso: 3 puntos Fontes consultadas: 1 punto |
20 |
Traballos tutelados | A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | O estudantado realizará e presentará o traballo tutelado por parellas, grupos de tres ou individualmente segundo se consensúe coa docente da materia. Na presentación do traballo, a cal é obrigatoria, deberán responder ás preguntas realizadas pola docente e o resto do alumnado presente. Á presentación oral do traballo tutelado asignaráselle una puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado. Para a avaliación da presentación oral terase en conta a capacidade de resposta, a xestión do tempo, a estrutura da exposición, o formato e a explicación dos contidos. Ao traballo tutelado asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado. Criterios de avaliación do traballo tutelado: 1. Presentación e estructura: ata 2 puntos 2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos 3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos 4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos |
30 |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia. O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao. A superación da materia queda suxeita a que as prácticas clínicas sexan aprobadas polo estudante de forma independente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Mentres que no sumatorio entre a metodoloxía de Traballo Tutelado e Estudo de casos tamén é preciso que o alumnado acade o 50% da nota máxima posible, debendo ser a nota mínima no Traballo Tutelado ou no Estudo de Caso o 40% da máxima nota posible nesa metodoloxía, para que se poida realizar o sumatorio e superar a materia. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos e dentro do período de avaliación. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas. Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados. Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación, así como ao estudo de caso. Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. No caso de empate prevalecerá a nota do Traballo Tutelado. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |