Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia será obrigatoria. 50
Solución de problemas Criterios de avaliación:
1. Presentación oral e escrita: 2 puntos.
2. Claridade do uso da terminoloxía científica na redacción: 2 puntos.
3. Capacidade de análise e síntese: 2 puntos.
4. Capacidade crítica e achega persoal: 4 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I, II e III, tal e como consta na memoria do título de grao.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.


Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e dentro do período de avaliación. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán
presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadías
Clínicas.


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual antes do inicio das mesmas.


 Avaliación 2ª oportunidade:


Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade
para recuperar as actividades relativas á solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial:

Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.