Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade na que se presentan os temas importantes e sintetizanse os coñecementos actuais que posteriormente servirán de guía de aprendizaxe para a preparación da proba mixta.
Aprendizaxe colaborativa Estudo de casos (habitualmente en grupo) utilizando as modalidades que a continuación se especifican:
- Aprendizaxe basado en resolución de problemas
- Traballo colaborativo
Traballos tutelados Actividade na que os estudantes de forma autónoma profundizan ou relacionan coñecementos xurdidos da actividade de resolución de problemas.
Actividades iniciais Actividade de presentación da asignatura e das fontes de coñecemento e actualización así como da utilización das TIC de cara a preparación da asignatura.
Seminario Actividade centrada nun tema importante para que a participación do alumnado sirva para fixar coñecementos así como preparar os alumnos de cara a futuras presentacións nos foros propios do desenvolvemento da súa actividade profesional.
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test, así como resolución dun caso para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos.