Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A23 B3 B5 B8 B10 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B22 B24 C4 C8 Entrega e defensa de traballos de carácter obrigatorio que se desenvolven mediante traballo conxunto dun grupo de estudantes.
A profesora especificará previamente a data de entrega.
Valorarase a presentación escrita e oral
Escrita:
- Extensión e formato
- Expresión e ortografía
- Aspectos relevantes
- Conclusións e discusión
- Bibliografía actualizada e adaptada á normativa de Vancouver
Oral:
- Expresión oral e expresividade
- Contestación correcta ás preguntas , sobre o traballo, realizadas pola profesora
- Recursos didácticos
- Orixinalidade
- Adaptación ao tempo
20
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B8 C11 C12 Consistirá no desenvolvemento dun caso clínico de xeito grupal e/o individual.
A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE) e intervencións de enfermería (NIC).
A profesora especificará, previamente, a data de entrega.
20
Proba mixta A21 A23 A24 B2 B3 B8 B9 No primeiro cuadrimestre realizarase unha proba dos contidos de Historia da Enfermaría e outra de Modelos de Enfermaría. Cada unha das partes suporá o 10% da nota final desta metodoloxía.
As probas constarán de preguntas curtas e preguntas tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas e os traballos tutelados.

No segundo cuadrimestre realizarase outra proba sobre os contidos do Proceso de Atención de Enfermaría e de Coidados Básicos de Enfermaría. As probas constarán de preguntas tipo test e preguntas curtas relacionadas cos contidos teóricos, lecturas, estudos de casos e traballos tutelados. Cada unha das partes suporá o 10% da nota final desta metodoloxía.
Resolución dun caso de un problema de saúde-enfermidade, esta suporá o 20% da nota final desta metodoloxía.
A superación desta metodoloxía implica a superación de todas as probas realizadas.
60
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases de pequenos grupos éobrigatoria. Cada falta de asistencia será penalizada con 0,25 puntos ata untotal de 2 puntos na aprendizaxe colaborativa ou traballo tutelado.
Toda aquela materia que se traballa noaula é materia de exame, independentemente do tipo de matrícula.
A aplicación das porcentaxes na avaliaciónfinal quedará suxeita a que todas as metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas.

O alumnado que, no exame parcial, nonsuperase a proba de Historia e Modelos de Enfermería, fará a recuperacióndurante a proba ordinaria.

A asistencia a clase será considerada unvalor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horaspresenciais.

Na segundaoportunidade respectaranse as notas das partes superadas na primeira oportunidade.

Matrículaparcial: o estudantado a tempo parcial poderá solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado terá que presentar, a través da plataforma Moodle, os mesmos traballos que o resto do estudantado que, poderá facer de xeito individual ou en grupo (previo acordo coa profesora). A proba mixta suporá o 75% (40% o exame teórico e 35% o caso clínico), os traballos suporán o 25% da avaliación.

Dispensa de asistencia ás clases: en cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgún dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Neste caso o alumnado terá que presentar, a través da plataforma Moodle, os mesmos traballos que o resto do estudantado que poderá facer de xeito individual ou en grupo (previo acordo coa profesora). A proba mixta suporá o 75% (40% o exame teórico e 35% o caso clínico), os traballossuporán o 25% da avaliación.

Adianto de oportunidade: neste caso a proba mixta suporá o 100% da avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.