Traballos tutelados |
A5 A7 A8 A14 A15 B9 B11 B13 |
Para rematar o módulo, os alumnos deberán realizar diferentes traballos propostos polos docentes |
70 |
Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
A puntuación dos submódulos é a seguinte: - Xestión dos Recursos Humanos 40 %
- Xestión das comunicacións e partes interesadas 60 %
Xestión dos Recursos Humanos: Controlarase a asistencia a clase e a participación activa nos debates e a entrega dos casos plantexados na aula. As persoas con modalidade non presencial, terán que visualizar os vídeos e entregar as mesmas actividades que o alumnado de modalidade presencial (20%). A maiores, o alumnado terá que presentar un traballo como proba liberatoria do módulo (80%).
O alumnado que non supere a avaliación continua, terá que realizar un exame final tipo test na convocatoria oficial de exame dos contidos teóricos da materia.
Xestión das comunicacións:
Contabilizarase a
asistencia a clase, a participación activa, resolución de exercicios (80%) e
test dos contidos teóricos (20%).
As persoas que non
cumpran co 80% de asistencia, deberán realizar, ademais dos exercicios do
dossier, un traballo relacionado cos contidos de clase, extensión non máis de
10 páxinas, non plaxios, débese citar correctamente (preferible normativa APA),
cunha estrutura e formato adecuado (índice, apartados correspondentes segundo a
temática e o obxecto do mesmo, conclusións, referencias..). Devandito traballo
incluirase como anexo, no dossier de exercicios.
As persoas que non
superen os requisitos de calidade dos exercicios/traballos, ou non entreguen os
contidos da avaliación en tempo e forma, deberán realizar as tarefas
encomendadas polo profesorado (dossier+ traballo), ademais dunha proba
obxectiva sobre a xestión das comunicacións e partes interesadas na
convocatoria oficial de exame. Neste caso o dossier de exercicios contará 50% e
o exame 50% do total
|