Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A5 A7 A8 A14 A15 B9 B11 B13 Ao longo da clase expositiva iranse plantexando pola parte dos docentes diferentes casos prácticos que se desenvolverán de forma individual ou en grupo. 30
Traballos tutelados A5 A7 A8 A14 A15 B9 B11 B13 Para rematar o módulo, os alumnos deberán realizar diferentes traballos propostos polos docentes 70
 
Observacións avaliación
Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


A puntuación dos submódulos é a seguinte: 
  • Xestión dos Recursos Humanos 40 % 
  • Xestión das comunicacións e partes interesadas 60 % 

Xestión dos Recursos Humanos: Controlarase a asistencia a clase e a participación activa nos debates e a entrega dos casos plantexados na aula. As persoas con modalidade non presencial, terán que visualizar os vídeos e entregar as mesmas actividades que o alumnado de modalidade presencial (20%). A maiores, o alumnado terá que presentar un traballo como proba liberatoria do módulo (80%). 

O alumnado que non supere a avaliación continua, terá que realizar un exame final tipo test na convocatoria oficial de exame dos contidos teóricos da materia.



Xestión das comunicacións: 
Contabilizarase a
asistencia a clase, a participación activa, resolución de exercicios (80%) e
test dos contidos teóricos (20%).



As persoas que non
cumpran co 80% de asistencia, deberán realizar, ademais dos exercicios do
dossier, un traballo relacionado cos contidos de clase, extensión non máis de
10 páxinas, non plaxios, débese citar correctamente (preferible normativa APA),
cunha estrutura e formato adecuado (índice, apartados correspondentes segundo a
temática e o obxecto do mesmo, conclusións, referencias..). Devandito traballo
incluirase como anexo, no dossier de exercicios.

 As persoas que non
superen os requisitos de calidade dos exercicios/traballos, ou non entreguen os
contidos da avaliación en tempo e forma, deberán realizar as tarefas
encomendadas polo profesorado (dossier+ traballo), ademais dunha proba
obxectiva sobre a xestión das comunicacións e partes interesadas na
convocatoria oficial de exame. Neste caso o dossier de exercicios contará 50% e
o exame 50% do total