Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Tésis master | Código | 670471209 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 10 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
3. ASIGNACIÓN DE TEMA E DIRECTOR 1. O Coordinador do Master solicitará aos profesores propostas de liñas de traballo para o TFM. O número total de traballos será igual ou superior ao número de alumnos matriculados. 2. Alternativamente, o alumno pode propor un tema que resulte de interese ao director que desexa que lle oriente. 3. A elección do director e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da finalización do prazo de presentación do TFM. 4. Unha vez elixido o tema o alumno cubrirá un documento ao efecto que presentará na Secretaría do Centro dirixido ao Coordinador do Máster, solicitando a autorización do proxecto do TFM, que incluirá o informe do proxecto e a conformidade do director. |

9. ESTRUTURA DO TRABALLO. 1. O TFM deberá constar das seguintes partes: a) Portada. b) Índice Paxinado. c) Resumo. d) Contextualización e Xustificación. e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto. f) Reflexións e Conclusións Finais. g) Bibliografía. h) Anexos, no seu caso. i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados: j) Revisión do Estado da Arte, k) Desenrolo del Modelo/hipóteses, l) Contraste de Modelo/Hipóteses |
2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información: a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación. b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés) c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo. d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións. e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA. f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo. 3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E. |